
A principios de maio,festexando achegada da primavera e a despedida do inverno celébranse nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur,"Os maios", unha festa primitiva galega, que nace para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais coma os ratos, toupas... ou sobrenaturais como os sempre temidos males de ollo das meigas.
Co paso dos anos, a festa vai evolucionando, e actualmente nas cidades se segue a manter a tradición adaptada aos tempos actuais.
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Pero actualmente poden tratar diferentes temas na súa estética, representando escenas da vida cotiá e sempre acompañados de coplas satíricas que critican a situación política ou social.
servido por cristalahumado
1 comentario
compártelo
whats_up dijo
la verdad es que no conocia esta fiesta pero que no sea por pasarlo bien jeje
Bikiños y findes fiesteros ;)!!!!!!!!!!!!
10 Mayo 2007 | 02:42 PM