Desde o 18 de abril ata o 15 de xuñona Casa das Artes de Vigo estase a rescatar a obra da retratista polaca Tamara de Lempicka.
A mostra presenta un percorrido por todas as facetas que conformaban a personalidade desta muller, pintora, deseñadora, retratista e sobre todo figura de moda da súa época. Así non só poderemos contemplar a súa obra senon tamén unha recreación do seu estudo, algúns vestidos e unha proxección sobre a súa vida, recreando a atmosfera da época, permitindo ao visitante adentrarse na vida de Tamara.
Tamara de Lempika foi unha muller moderna, libre e determinada, Polaca exiliada a Paris e máis tarde aos Estados Unidos, unha figura emblemática da estética moderna e gran inspiradora da moda, da publicidade e do grafismo na época de entre guerras.
No tocante a súa obra foi unha promotora do luxo do "art deco", marcada polo manierismo modernista e o post-cubismo, Lempicka foi esencialmente a retratista da alta sociedade. Tamara foi adquirindo un estilo de retratar moi personal, marcado por unha pintura fría e distante pero sempre conservando a sensualidade e o erotismo. Na exposición percórrese desde os seus primeiros debuxos, pasando polo periodo de maior esplendor e rematando nos anos de decadencia.
Súa obra foi deslucida durante moitos anos, permaneceu case oculta ata os 80, pero na actualidade goza de gran prestixio, sendo esta exposición unha oportunidadecase únicapara contemplar as súas mellores obras e asmáis coñecidas, xa que a maioría destas pertencen a coleccións privadas, como as dosfamosos Madonna e o actor Jack Nicholson, sendo así moi dificil volver a xuntalas de novo noutra mostra.
1 comentario
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados

Este es el mejor de todos!!!, q para eso te lo curraste tanto..xd
Esta chica, siempre tan culta e interesada por las exposiciones, museos, conciertos...jaja.
Bueno, aunque los de las fiestas también están bien, pero son más, como lo diría..informales?vamos q a cada tema le da un estilo diferente..xd
Ala, a seguir escribiendo eh! que ahora que me se la dirección...vamos, no m voy a perder ni uno!bikos grandesss