Onte, Xoves 26 de Abril celebramos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a festa da nosa patrona: Santa Kata!

Iniciamos a festa a eso das 12:00 horas, no campus de Pontevedra soaba música e a xente ía chegando con bolsas cheas de comida e bebida. A medida que ían pasando as horas a xente seguía chegando, concentrando centos de estudiantes diante das facultades.

Desenroláronse diversas actividades durante todo o día,o bingo, o futbolín humano... que aseguraron as risas entre os participantes.

A facultade converteuse por un día nun lugar de ocio para os estudantes, que cambiaron as carpetas por cervexas e a atención das aulas por unha despreocupación colectiva. O xoves non existían nin exames nin apuntes. Todos desfrutamos dun día de lecer e festa en Santa kata 2007.

Ademais dos xogos e actividades tamén houbo lugar para a música, e nos acompañaron os grupos NOC, Heissel e Soundshepard.

Pola noite continuou a troula na zona vella, nos pubs Euphoria, Sin salida, La cuesta e no Xolda, na miña opinión a zona estaba demasiado masificada, xa que Santa Kata contou con asistentes de tódalas facultades de Galicia, goza xa de gran prestixio e a xente quedou con gañas de máis!

Espero que todos desfrutarades do día de onte, eu personalmente paseino xenial!!! un saudo moi grande! e a ser felices!