Publicidad:
La Coctelera

fiestra aberta...

27 Abril 2007

Festa do Viño do Ribeiro- Ribadavia




Dende hai máis de 40 anos, celébrase en Ribadavia a "FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO", declarada de interés turístico nacional.
Miles de persoas de toda Galicia e outras rexións españolas danse cita aquí para degustar os apreciadosviños a finais de Abril principios de Maio. Na feira compróbase a evolución na elaboración e presentación de este "Gran producto do Ribeiro", que alcanza altas cotas, tanto a nivel nacional como internacional.

Os viños do Ribeiro, contan cunha sona e tradición milenarias, econstituen parte da historia fundamentaldesta zona ourensana do Ribeiro.

A bonita zona vella de Ribadavia é o escenario escollido para a presentación e a desgustación dos viños. Máis de 20 adegaspresentan na Praza Maior as súas marcas comerciais tanto ao público como aos catadores, que se encargarán un ano máis de designar o mellor Ribeiro de entre os alí presentes.

Entre as actividades que se irán desenrolando ao largo de toda a xornada haberá catas, concursos, xogos, actos culturais, demostracións e exposicións sobre os distintos viños do lugar... Ademais a feira é unha boa excusa para os que ainda non coñezan esta fermosa e festeira vila.



Pois se tedes a oportunidade pasade por alá, nada máis que dicir. Un saudo e a pasar ben esta fin de semana!

Tags: festas, populares

servido por cristalahumado sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Ola, son María Barreiro Muñoz e estudo 1º de Publicidade e R.R.P.P. en Pontevedra, ainda que a miña cidade de orixe é Ourense. Este blog é para a asignatura de deseño e nel falarei sobre distintos festivais, eventos, festas... centrándome sobre todo en Galicia. A ver como sae a cousa... avisos clasificados españaavisos clasificados brasilavisos clasificados argentina
contador de visitas

Fotos

cristalahumado todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera