Publicidad:
La Coctelera

fiestra aberta...

23 Abril 2007

ÉPOCA DE FESTAS UNIVERSITARIAS

A semana pasada tocoulle a facultade de Fisioterapia, en Pontevedra, para ir rompendo o xeo, celebrar a festa do seu patrón provisional, San Aquiles.

Como xa estamos acostumados, o día grande foi o xoves, no que se levaron a cabo diversas actividades para o desfrute dos asistentes, competicións de fútbol, ping-pong, futbolín, dardos...A asistencia foi elevada e contou coa participación de alumnos doutras facultades.

Esta é a primeira vez que a escola celebra este patrón. Ante a ausencia dunha festividade oficial os alumnos escollen cada ano unha data aleatoria para celebra-la súa festa. Este ano pensaron en San Aquiles aínda que non poden asegura-la continuidade e consolidación do santo como patrón de Fisioterapia.

E como dicía antes, esta festa serviu para ir abrendo o apetito, pois esta semana tócanos a nós, a facultade de Ciencias Sociais e da comunicación celebrar a tan agardada Santa Kata, que desde que chegamos á facultade, alá por setembro, levamos oindo falar a todo o mundo... As espectativas desde logo moi altas... a ver se non nos defrauda... Seguirei falando desta nosa festa ao longo desta semana... Un saudo e a desfrutar desta semaniña!!!

servido por cristalahumado 2 comentarios compártelo

2 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Matorralillo

Matorralillo dijo

Califico este blog coma interesanta a la par que informativo,xa que disponho de moito tempo libre e penso ocupalo con algúns consellos desta web.tururururuuuuu

23 Abril 2007 | 02:02 PM

andrea mato

andrea mato dijo

Alli donde haya fiesta siempre estas tu jajaja me gusta tu blog es muy fiestero. nos vemos en sta Kataaaaaaa

24 Abril 2007 | 11:15 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Ola, son María Barreiro Muñoz e estudo 1º de Publicidade e R.R.P.P. en Pontevedra, ainda que a miña cidade de orixe é Ourense. Este blog é para a asignatura de deseño e nel falarei sobre distintos festivais, eventos, festas... centrándome sobre todo en Galicia. A ver como sae a cousa... avisos clasificados españaavisos clasificados brasilavisos clasificados argentina
contador de visitas

Fotos

cristalahumado todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera