Xa sei que nun principio este ía ser un blog de festas e festivais en Galicia, pero paréceme digno de mención o festival que se levará a cabo en Cáceres os días 12, 13 e 14 de Abril, o Extremúsik 2007, que reunirá a un gran número de grupos estatais, entre os que destacan Canteca de macao, El último que zierre, Blind Guardian, Boikot, Muro, Mala Rodríguez, Albert Pla, Burning, La excepción, Rosendo, Banda Bassoti, Piperrak,Macaco, Albertucho, Los delincuentes... e tamén grupos galegos como Los Suaves ou Siniestro total.
Como vedes hai para tódolos gustos, e de prezo non anda nada mal, o abono de tres días anticipado por 48 euros, 55 euros en taquilla.

As inicios do Extremúsika parten do ano1998, cando se realizouo primeiro festival con este nomre. Os artistas que pasaron polo escenario, foron Reincidentes, Porretas, Mama Ladilla, Ska-Pe Canallas.

Este primeiro festival, non tiña unha intención de continuidade, polo que non se realizou uno ano seguinte. Foi no 2004 cando selevou a caboo segundo apostando por dous dos grupos punteirosdo momento: Mareae Fito & Fitipaldis,e catro grupos prometedores como Sínkope, Albertucho, Despistaose Poncho – K.

En apenas dous anos,2005e 2006, Extremúsika convértese nun dosfestivais referentes a nivel nacional.

Para a edición de 2007,vóltase a apostar pola variedade musical, dando cabida a novos estilos comoo Hip – Hope apostando novamente pola mestizaxe,rock, heavye grupos de influencia flamenca.

Agardemos que este ano siga a ter tanto éxito como nas últimas edicións, e que a xente que teña a sorte de acudir o disfrute. Un saúdo.