Por problemiñas non puiden publicar nesta semana pasada... Entón falarei dunha data que considero moi importante para os galegos, que é o 17 de maio, día das letras galegas.
O día das letra galegas adícase a língua e a cultura galega. A historia, os escritores, poetas, aspectos xenéricos sobre o galego...
Esta homenaxe ao galego lévase a cabo desde o ano 1963, co motivo do centenario da publicación de "Follas novas" de Rosalía de Castro. Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Franciso Fernández del Riego estimaban que "o libro rosaliano foi a primeira obra maestra coa que contaba a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veulle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria."
Metidos así un pouco no contexto subliñar que este ano a homenaxeada foi María Mariño, unha poeta nacida en Noia, que tras vivir fora de Galicia varios anos volta para vivir no Courel, onde morrerá á temprana idade de 49 anos.
A súa poesía de posguerra está moi unida á Novoneyra, por coincidir en zona xeográfica co poeta do Courel. Pero a persona de María Mariño non precisa doutros, a súa poesía brillapor si soa epresenta unha liña intimista e de éntase coa natureza e coas terras do Courel.
Aquí atoparedes, por se vos interesan as biografías de todos os homenaxeados desde 1963 ata hoxe http://www.diadasletragalegas.com
Nada máis un biquiño forte!
As festas da Ascensión en Santiago son as segundas máis importantes da cidade, tralo día da Patria ou de Santiago Apóstolo, patrono da cidade,o 25 de xullo. Celébrase en data variable, o sexto xoves despois do domingo de Pascua, e prolónganse aproximadamente dúas semanas.
Estas festas convértense nunhas das máis concurridas non só polos eventos e actividades que se desenrolan nelas, concertos, espectáculos, pasarrúas, e outras actividades lúdicas e culturales , senón porque coinciden nunha moi boa data para os estudantes, antes da recta final dos exames, polo cal conta cun gran número de asistentes universitarios.
Este ano conta con concertos destacados como Van Morrison ou Macaco, ademais de Gisela e "La quinta estación".
Ademais das actividades xa citadas desenvólvese a feira de gando máis importante da cidade, con exhibicións ecuestres no recinto feiral de Amio. E taménson moi características aspulpeiras situadas na carballeira deSantaSusana e as súas racións de pulpo á feira.
Nada máis que dicir desta festa, simplementeque é unha festa que conta cunha alta participaciónxuvenil, e que sería recomendable pasar por ela e botar unhas risas.Un saúdo e a pasaloben!!!
A fundación Pedro Barrié de la Maza presenta en Vigo a exposición "100 posters para un século".
A mostra intenta repasar a historia do século pasado a través do cartel, cunha coidadosa selección de 100 significativos anuncios, nun recorrido cronolóxico que nos irá situando nos diferentes momentos do século XXda historia occidental.
A temática varía, desde asuntos políticos, ata carteis a favor ou en contra da guerra, anuncios comerciais... E podemos atopar autores tan variados como Jules Cheret, Henri de Toulouse-Lautrec ou Andy Warhol.
Recomendo esta exposición a todos os que lles interese a historia, a publicidade, o arte... en xerala todo o mundo, pois ten documentos verdadeiramente interesantes.
A exposición leva aberta desde o 24 de abril e poderase visitar en Vigo ata o 24 de xuño e en Coruña desde o 12 de xullo ata o 30 de setembro, nun horario de 12:00 a 14:00 polas mañás e de 18:00 a 21:00 polas tardes.
Nada máis que dicir!Un saúdo a todos, e pasádevos porque merece a pena. 
A principios de maio,festexando achegada da primavera e a despedida do inverno celébranse nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur,"Os maios", unha festa primitiva galega, que nace para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais coma os ratos, toupas... ou sobrenaturais como os sempre temidos males de ollo das meigas.
Co paso dos anos, a festa vai evolucionando, e actualmente nas cidades se segue a manter a tradición adaptada aos tempos actuais.
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Pero actualmente poden tratar diferentes temas na súa estética, representando escenas da vida cotiá e sempre acompañados de coplas satíricas que critican a situación política ou social.
Desde o 18 de abril ata o 15 de xuñona Casa das Artes de Vigo estase a rescatar a obra da retratista polaca Tamara de Lempicka.
A mostra presenta un percorrido por todas as facetas que conformaban a personalidade desta muller, pintora, deseñadora, retratista e sobre todo figura de moda da súa época. Así non só poderemos contemplar a súa obra senon tamén unha recreación do seu estudo, algúns vestidos e unha proxección sobre a súa vida, recreando a atmosfera da época, permitindo ao visitante adentrarse na vida de Tamara.
Tamara de Lempika foi unha muller moderna, libre e determinada, Polaca exiliada a Paris e máis tarde aos Estados Unidos, unha figura emblemática da estética moderna e gran inspiradora da moda, da publicidade e do grafismo na época de entre guerras.
No tocante a súa obra foi unha promotora do luxo do "art deco", marcada polo manierismo modernista e o post-cubismo, Lempicka foi esencialmente a retratista da alta sociedade. Tamara foi adquirindo un estilo de retratar moi personal, marcado por unha pintura fría e distante pero sempre conservando a sensualidade e o erotismo. Na exposición percórrese desde os seus primeiros debuxos, pasando polo periodo de maior esplendor e rematando nos anos de decadencia.
Súa obra foi deslucida durante moitos anos, permaneceu case oculta ata os 80, pero na actualidade goza de gran prestixio, sendo esta exposición unha oportunidadecase únicapara contemplar as súas mellores obras e asmáis coñecidas, xa que a maioría destas pertencen a coleccións privadas, como as dosfamosos Madonna e o actor Jack Nicholson, sendo así moi dificil volver a xuntalas de novo noutra mostra.
Dende hai máis de 40 anos, celébrase en Ribadavia a "FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO", declarada de interés turístico nacional.
Miles de persoas de toda Galicia e outras rexións españolas danse cita aquí para degustar os apreciadosviños a finais de Abril principios de Maio. Na feira compróbase a evolución na elaboración e presentación de este "Gran producto do Ribeiro", que alcanza altas cotas, tanto a nivel nacional como internacional.
Os viños do Ribeiro, contan cunha sona e tradición milenarias, econstituen parte da historia fundamentaldesta zona ourensana do Ribeiro.
A bonita zona vella de Ribadavia é o escenario escollido para a presentación e a desgustación dos viños. Máis de 20 adegaspresentan na Praza Maior as súas marcas comerciais tanto ao público como aos catadores, que se encargarán un ano máis de designar o mellor Ribeiro de entre os alí presentes.
Entre as actividades que se irán desenrolando ao largo de toda a xornada haberá catas, concursos, xogos, actos culturais, demostracións e exposicións sobre os distintos viños do lugar... Ademais a feira é unha boa excusa para os que ainda non coñezan esta fermosa e festeira vila.
Pois se tedes a oportunidade pasade por alá, nada máis que dicir. Un saudo e a pasar ben esta fin de semana!
Onte, Xoves 26 de Abril celebramos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a festa da nosa patrona: Santa Kata!